A Caeira conmemora este martes o Día da Galiza Martir

PONTEVEDRA

CONCELLO DE POIO

15 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Como ven sendo tradicional cada 17 de agosto, a conmemoración do Día da Galiza Mártir terá o seu epicentro no monumento erguido na subida á Caeira. O alcalde Luciano Sobral, a concelleira de Memoria Histórica, Marga Caldas, a titular de Cultura, Raquel Rodríguez, e o vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda, Valentín García Bóveda, presentaron esta efeméride coa que se lembra e reivindica «a figura do histórico político galeguista, fusilado na Caeira no verán de 1936, ao inicio da Guerra Civil».

Tanto os representantes da Administración local como dende a fundación teñen claro que o acto busca que “non caian no esquecemento todas e todos aquel mártires que perderon a vida por seren vítimas do réxime a represión franquista».

«Este ano a lembranza na honra de Alexandre Bóveda cobra máis relevancia se cabe, ao cumprírense 85 anos do seu fusilamento, o 17 de agosto de 1936», remarcou a concelleira Marga Caldas.