O Pazo Besada de Poio acolle a cuarta edición de O Son da Gaita

Alfredo López Penide
L. Penide POIO / LA VOZ

PONTEVEDRA

CONCELLO DE POIO

28 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Este sábado, o Pazo Besada de Poio acolle dende as 11 horas unha nova edición, a cuarta, das xornadas O Son da Gaita, que organiza a Asociación Cultural Pai da Cana en colaboración co Concello, a Xunta e a Deputación de Pontevedra. Esta cita reúne a algúns dos máis importantes gaiteiros das catro provincias galegas con estilos e linguaxes ben diferenciadas, creando así un espazo destinado á posta en valor deste instrumento, dos seus intérpretes e da música tradicional.

A programación divídese en cinco bloques, de tal xeito que ás 10 horas desenvolverase un pasarrúas. En caso de choiva, estas actuacións desprazaranse ao Pazo Besada, onde ás 11:15 horas será a quenda dos grupos Contracocheno de Vigo, As Fabulosas da Baña e do Grupo de Música Tradicional da AGADIC da Xunta de Galicia.

De igual modo, presentarase a colección Tradición Oral, da Editorial Canela por Pablo Quintana, e do Punteiro con subtónica, polos artesáns Antón Corral e Xosé Manuel Gil. A partires das 12.45 horas actuarán os solistas Edelmiro Fernández, de Ribeira; Bruno Villamor, de Lugo; Paulo Gonçalves, da Cañiza; Magoia Bodega, de Vigo; e Xaquín Xesteira, de Cambados. A xornada rematará cun xantar-foliada en Casa Laura, en Campelo.