Co convencemento de que a terceira edición da A Festa da Primavera «vai supoñer un alude de público para Caldas de Reis, milleiros de persoas tanto propia da vila como chegadas doutras localidades para gozar (...) da potente programación na que participarán as mellores verbenas e DJs do país», o goberno local disporá dun plan de autoprotección que tivo onte, coa actuación da orquestra Panorama, a súa proba de fogo.
O obxectivo é dispor dun protocolo para «controlar desde o inicio calquera incidencia que se presente, dende as máis pequenas, como por exemplo o control do botellón ou a prevención e mediación en posibles desacordos ou enfrontamentos, ata incluso unha evacuación».
De cara ao domingo, segundo día de verbena, no re-cinto da explanada da Tafona desenvolverase, a partires das 18.30 horas, a actuación do Grupo Alkar, «outra das agrupacións máis seguidas do panorama de orquestras galegas», que será relevada polo DJ Marcos Magán.
O luns celebrarase o Día do Neno e da Nena, con descontos nas barracas e atraccións para a rapazada.