O Museo Torres amosa un tesouro conformado por centenarias Coplas de Maios

PONTEVEDRA

CONCELLO DE MARÍN

04 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Con trasfondo da Festa dos Maios, o Museo Torres de Marín acolle ata este domingo una exposición de 22 coplas de barcos e carros triunfais que Eduardo Otero Molas «gardou entre os recordos que chegaron ata el e conformaron o sentido da vida do Marín que tanto añorou e tratou de preservar». Os textos, cunha antigüidade de 113 anos, reflicten «un tempo de grandes conflitos sociais», ao tempo que teñen o valor de ser as únicas que se conservan do período anterior ao establecemento do concurso de Maios polo Ateneo.

CONCELLO DE MARÍN

Moitas destas coplas son froito da correspondencia dos irmáns Manuel e Fernando Esperón Landín, que aínda mozos emigran ás Américas e deixan atrás as súas vivencias de rapaces «que cada ano ao chegar o mes de maio afanábanse en saír á rúa co seu barco, castelo ou carro triunfal que nesa época invadiron as nosas vilas contando as andanzas do momento histórico da época, mesturados cos populares maios de sempre».