As conmemoracións do Día das Letras Galegas en Pontevedra e noutros concellos continúan

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

OSCAR CORRAL

18 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Aínda que o Día das Letras Galegas se conmemorou este venres, o certo é que distintos concellos das contorna continúan este sábado con distintos actos programados.

 

Pontevedra

Hoxe • Dende as 11 horas • Organizado pola asociación A Pedreira continúa a Festa da Língua con xogos populares, animación familiar con Peter Punk e o seu espectáculo Peor Impossivel e música coa banda de gaitas Foula na rúa Serra de Pontevedra. Ás 14.30 horas, xantar popular no mercado de Abastos da cidade.

 

Bueu

Hoxe • 20 horas • A Coral Polifónica Marusía organiza o habitual concerto das Letras Galegas no Centro Social do Mar de Bueu. Está prevista a participación das corais Areas Gordas de Coiro, Val do Fragoso de Vigo, Santa María A Digna de Portonovo e a anfitrioa.

  

Bueu

Hoxe • 22.30 horas • Dentro do programa da Deputación de Pontevedra +Música desenvolverase un concerto da banda Dakidarría na zona do aparcadoiro do Xardín das Lagoas de Bueu con asistencia de balde.

  

Sanxenxo

Hoxe • 22 horas • Dentro do ciclo Sanxenxo Fala co que este concello pontevedrés adica maio ao mes das letras, hoxe desenvolverase na Curva de Portonovo o concerto Sons das Tabernas.

  

Poio

Hoxe • Dende ás 17.30 horas • O Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, en Poio, acollerá dúas representacións teatrais. A primeira, Iguais e diferentes (20.30 h.), a cargo de Expresións Producións e está dirixida a un público familiar, e a segunda, Running, de STE Xeito Producións e dirixida a público adulto. A entrada é de balde ata completar aforo.