Pontevedra e a súa bisbarra adican unha sentida homenaxe a Luísa Villalta polas Letras Galegas

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

Distintos concellos programaron actos adicados a autora de «Música reservada», «Ruído» ou «En concreto»

18 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Ao longo de toda a xornada deste venres, distintos concellos da contorna de Pontevedra conmemoraron o Día das Letras Galegas, que nesta edición estaba adicado a Luísa Villalta. No caso da cidade do Lérez, a música foi a gran protagonista xa dende pola mañá cun concerto no Teatro Principal da Banda de Música de Salcedo, mentres que xa pola tarde desenvolveuse, en colaboración coa asociación A Pedreira, unha ruada coa banda de gaitas Polavila, ao tempo que a praza de Abastos acolleu as actuacións de Os Vacalouras e Catuxa Salom.

Ramón Leiro

En Ponte Caldelas, as actividades focalizáronse na Casa da Cultura, onde gozaron coa música de Aires da Castrelada. Bueu celebrou a vinte e dúas Romaría das Letras, que contou coa actuación de Os Liboreiros e dun contacontos de Polo Correo do Vento. En Poio, o Centro Cultural Xaime Illa de Raxó celebrou un acto institucional e en Sanxenxo estaba prevista unha actuación do Dúo Silencio e Abiñadoira.

LÓPEZ PENIDE

E en Marín, xunto co acto institucional no Museo Manuel Torres, celebrouse o primeiro Festival Raíces, Versos e Sons no IES Illa de Tambo.