![](https://img.lavdg.com/sc/AOyb6EbqaerOtzcEn14x7-stWd4=/480x/2024/11/01/00121730477821863714958/Foto/P_20241031_140417000.jpg)
A cita gastronómia remata este domingo
01 nov 2024 . Actualizado a las 17:28 h.A catorce edición da Outubrofest, adaptación galega da Oktoberfest de Baviera impulsada polo Pontevedra Rugby Club, encara este sábado e domingo a súa recta final na carpa da Alameda. Na xornada de onte, sábado, procedeuse á entrega do Premio máis que rugby que, nesta ocasión, recaeu no Club de Loita Pontevedra.
![](https://img.lavdg.com/sc/gmrTaZwXNCbh7HWHdKSrgWSOEz0=/480x/2024/11/01/00121730477761679164529/Foto/P_20241031_140423000.jpg)
Este sábado, con apertura da carpa de 12 a 24 horas —a cociña pechará media hora antes—, desenvolverase de 13 a 15 horas unha sesión vermú. Poderanse degustar distintos tipos de cervexa, ademais de refrescos e, como novidade, sidra acompañando á gastronomía típica destes eventos, salchichas e codillo elaborado en forno de leña.