Última hora
Aprobada en el Congreso la reforma fiscal del Gobierno
Aprobada en el Congreso la reforma fiscal del Gobierno
Impulsan en Pontevedra obradoiros de Disciplina Positiva para Familias
PONTEVEDRA / LA VOZ
PONTEVEDRA
03 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
A Concellería de Benestar Social promove unha serie de obradoiros de Disciplina Positiva para Familias co obxectivo de que proxenitores ou coidadores aprendan a entender o comportamento dos crianzas, a reconducir condutas e implementar habilidades comunicativas e colaborativas. Estes talleres, organizados e impartidos por Semilla y Raíz DP, desenvolveranse no Pazo da Cultura de Pontevedra este novembro en tres quendas de dúas xornadas. Así programáronse o 15 e 16 de novembro; o 22 e 23; e o 25 e 26.
Son obradoiros gratuítos, aínda que teñen prazas limitadas polo que é necesario inscribirse. Isto pode facerse a través do correo electrónico semillayraizdp@gmail.com ou no WhatsApp 623 992 002.