17 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
Con funcións ás 12 e ás 18.30 horas, o Teatro Principal de Pontevedra acolle unha nova sesión de Domingos do Principal.
Nesta ocasión, Caramuxo Teatro leva a escena Crisálida, o espectáculo co que esta compañía coruñesa cumpre vinte anos de traxectoria. Nel aborda «unha historia coa que queren homenaxear as persoas que fan que as cidades teñan vida e sexan ricas en historias, ademais de poñer en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado».
Recomendado para nenos maiores de 6 anos e adultos, defende a importancia de conservar eses negocios «máis baseados nas relacións humanas que no beneficio económico».