Yolanda Castaño presenta en Pontevedra a obra coa que gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio
PONTEVEDRA
«Economía e poesía. Rimas internas» foi o primeiro ensaio da escritora
02 dic 2024 . Actualizado a las 17:11 h.Esta tarde, a partires das 19 horas, Yolanda Castaño visitará Cronopios de Pontevedra para presentar o seu primeiro ensaio Economía e poesía. Rimas internas. Esta obra acadou, o pasado decembro, o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio convocado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia co apoio de Caixa Rural Galega na súa vinte e dúas edición.
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, destacou a capacidade de Castaño para abrir un debate sobre a profesionalización neste eido. Ao tempo, remarcou «a dignificación dos traballadores da palabra» facendo fincapé na aposta do Goberno galego para promover propostas, como este galardón, que axuden aos autores a potenciar as súas carreiras profesionais.
Castaño falará coa xornalista Susana Pedreira sobre a crítica que fai dos «procedementos dos diversos axentes do sistema cultural, tendentes á desprofesionalización do oficio de autora e a minusvalorización do traballo».