22 mar 2025

Yolanda Castaño desarma grandes mitos contemporáneos en «A falsa autónoma»: «Se dis que o diñeiro non é o importante é porque o tes»
A poeta coruñesa, que acadou o Premio Nacional de Poesía, rebenta falando de cartos sen pudor as frases feitas no seu novo libro. «Cumpridos os 40, pasei unha crise persoal moi grave, estiven arruinada. Non sabía como ía saír», revela a autora de «Materia» no Día Mundial da Poesía