
Este mércores, a partires das 19 horas, o escritor Carlos Taboada presentará O caderno de Roque no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. Editado por Xerais, é «unha orixinal novela de viaxes, aventuras e fantasía, rica en detalles e desbordante de imaxinación e humor» que foi Finalista do Premio Merlín 2024. Carlos Taboada estará acompañado por Rocco Fermo nun acto impulsado pola libraría Paz..