Paula García Rivero, de tan só 8 anos, escribe as súas vivencias na Rede dende o día de Reis.
15 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.Ó parecer, un dos regalos tecnolóxicos máis populares do recentemente finalizado Nadal foron as bitácoras. Si na resaca de Papa Noel descubrimos o blog da muxiá María Amelia López Soliño, de 95 anos, considerada entre o blogomillo galego como o blogger máis veterano, na de Reis se colaba na Rede a autora dixital posiblemente máis nova. Trátase de Paula García Rivero, unha nena de Boiro de tan só 8 anos, quen o día 6 de xaneiro estreaba o seu diario. Como recoñece no seu primeiro comentario, o motivo de dar o salto foi porque «gústame moito Internet, e ademais meu pai tamén ten un. Por iso eu quería poder contar cousas para que as lera xente doutros sitios». Na súa corta existencia, a autora ten escrito sobre a súa vida escolar e sobre a sempre esperada cabalgata de Reis. Este é tan só o comezo. «Ao final din convencido a papá para que me fixera un blog. Espero que vos gusten as cousas que escribo nel, e espero que me deades consellos para ir mellorando». Boiro