Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Homenaxean en Santiago a Euloxio R. Ruibal como «O escritor na súa Terra-Letra E»

La Voz

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

Incluirá a plantación dunha árbore en Galeras e un acto no Teatro Principal

15 jun 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) entregaralle hoxe a Euloxio R. Ruibal (Ordes, 1945) a «Letra E» que o converte en socio de honra no colectivo. Ademais, tributaralle a homenaxe «O Escritor na súa Terra» en Santiago. A actividade comezará ás 11.30 horas co descubrimento dun monólito conmemorativo e a plantación da árbore do autor, unha abeleira, no parque de Galeras. Despois, ás 12.30 horas, será o acto de Entrega da «Letra E» no Principal a este renovador da dramaturxia galega. Intervirán, entre outros, a alcaldesa, Goretti Sanmartín; a escritora Inma López Silva; e o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez.