La historia de amor que no deja de emocionar en Ordes: «Dicíanme que como ía a estar con el se era xordo e levamos 58 anos xuntos»

O. S. SANTIAGO

ORDES

Cedida

Por él conoció la lengua de signos cuando solo tenía 17 años. Su caso inspira a otras parejas

14 may 2023 . Actualizado a las 10:08 h.

Salió en la TVG hace apenas dos semanas y, desde entonces, admite que la gente no deja de pararla en Ordes. «Dou dous pasos e xa me comentan que me viron, que lles emocionou moito a nosa historia, que siga así. Tamén bromean con que poucas parellas seguen hoxe en día tanto tempo xuntas», afirma riendo, y siempre optimista, Mercedes Garabato, la ordense, de 74 años, que no dudó en relatar en pantalla su bonita, e inspiradora, relación con Manuel Monje, de 80.

«Coñecímonos de mozos, cando eu tiña 17 anos. Os dous traballábamos na fábrica do leite que había á entrada da vila. El vivía onde residimos na actualidade, no lugar de Casillas, máis próximo ao traballo. Eu viña dende máis lonxe, desde Pereira. Todos os días ía andando cara a fábrica cun grupo e sempre notaba que el agardaba por nós. Eu ía guerreando a ver a quen de nós miraba. Xa todas me dicían que era a min. Na fábrica comezou a achegárseme, ía á máquina e repartíame o seu bocadillo... Empecei a aprender a comunicarme con el», apunta, haciendo mención a que Manuel era sordomudo. «Cando tiña case oito anos tivo unha meninxite...», explica. «Por ese tempo anterior, as palabras máis sinxelas e curtas, como nena ou auga, sabíaas dicir. El era máis estudado ca min», encadena Mercedes. «Ás veces escribíame nunha folla palabras e frases, como a de se quería ser a súa moza, e logo ensinábame a facer o mesmo por signos», relata. «Eu contestáballe igual e claramente, nesa ocasión dixen que ‘si'», rememora.

«A miña familia e moita xente dicíame que como ía a estar con el, que era xordo, que por que me complicaba. Pero eu tíñao claro, e canto máis me insistían, máis me gustaba. Xa vía que, ademais de moi guapo, era bo», remarca con inmenso cariño. «Había algúns que tamén aseguraban que ao non falar podía chegar a ser máis celoso, e ao contrario! Levamos 58 anos xuntos e eu fago o que quero. El anímame a saír sempre, preocúpase se chego tarde aos sitios. Dous días á semana vou a pandeireta e a cante. Estou, entre outras, na Agrupación Sementes da Arte en Ordes. Apúntome a un bombardeo. Eu dígolle que vaia ver o fútbol, pero el prefire quedar na casa», sostiene Mercedes con una ilusión que es difícil no compartir.

«Comezamos de mozos en 1966 e, ao ano seguinte, xa casamos», rememora, confirmando que no le llevó mucho tiempo lograr comunicarse con soltura con lengua de signos. «Cando algo interesa, apréndelo rápido. Ás veces xa cun movemento de cabeza entendíalle», afirma.

«A nosa familia tamén afíxose a esa linguaxe rápido. El senta aos nenos no colo, cólleos pola man e vailles ensinando os signos. Así fíxoo coa nosa filla, cos dous netos e tamén farao coa bisneta que acabamos de ter», comenta entre sentimientos enfrentados. «A nosa filla morreu hai tres anos de cancro. Foi un duro golpe. O ultramarinos que tiven durante dez anos chamábase Comestibles Marisol por ela», comenta. «É necesario tirar para adiantar, repoñerse, aínda que custe. Ver agora á bisneta, guapísima, é unha ledicia», contrapone, sin dejar de hablar de su familia. «Os meus netos falan perfectamente a linguaxe de signos. Só cando algo nos lles interesa, dinme: ‘avoa, dille ao avó...'», remarca de nuevo riendo e incidiendo en lo importante que sería que todo el mundo pudiese comunicarse con los sordomudos.

«En Ordes nunha ocasión un veciño, que tamén é xordo, tivo un accidente. Normalmente nestes casos sempre se pedía que se achegase para o xuízo un intérprete de Santiago ou A Coruña, pero esa vez xa mo dixeron a min, e fíxeno. Tamén fun a unha notaría», señala.

«Durante moitos anos acompañei a Manuel a reunións na asociación de xordos que hai en Santiago. Alí coñecimos o caso dunha parella moza —neste caso ela era xorda e el oínte— ao que lle sucedía algo semellante ao que vivimos nós. Tiñan a reticencia da nai del. Dábame non sei que, pero ao final falei con ela. Díxenlle: ‘se eles se queren, non se debería meter: mire o noso caso'», resalta, confirmando que para muchos su historia ya es un ejemplo.