Llega a Galicia, en una casa familiar de Vedra, el hormigón de cáñamo: «É un supermaterial, con pegada de carbono negativa»
VIVIR SANTIAGO
El estudio ELÓ__d_Arquitectura, con sede en Santiago, está al frente de una rehabilitación que ya sorprende por el material utilizado
14 jun 2024 . Actualizado a las 18:48 h.Será en julio cuando está previsto que en Vedra, en la parroquia de San Miguel de Sarandón, finalicen las obras de ampliación de una vivienda, dirigidas por el estudio ELÓ__d_Arquitectura —con origen en ese concello, pero con sede en Santiago— que ya sorprenden por el material utilizado. «Dende hai tempo, e para lograr unha construción 100 % ecolóxica, dende o despacho xa se investigara a posibilidade de incorporar o fórmigón de cámaño, o hempcrete. No caso de Vedra podíase integrar moi ben e xa se optou por el», aclara el arquitecto César García Piñeiro, confirmando lo incipiente aquí del material. «En Galicia, no eido da bioconstrución, coa que estou moi comprometido, si que hai exemplos de edificacións feitas con outros materiais, como balas de palla, pero con cáñamo ata o de agora non atopei ningunha vivenda. A empresa de Castellón que nolo subministra confirmoume que era a primeira vez que o enviaba a Galicia. Ata hoxe usábase nalgunhas obras no sur de España e, en xeral, máis polo Mediterráneo. É tamén máis común noutros países europeos», señala el arquitecto, convencido de su apuesta.
«O proxecto partía da rehabilitación dunha construción anterior, que era unha casa familiar de arquitectura tradicional, en pedra, que os donos querían converter agora na súa primeira vivenda, para a que necesitaban unha ampliación do volume e unha redistribución do inicial. Dende o estudo pensouse no plus de sostibilidade que ten o cáñamo e se lles propuxo incorporar este material. Neste caso integrábase ademais moi ben coa edificación preexistente, tanto a nivel cromático, cun ton amarelento similar á pedra de cantería, como na textura, ao ter unha certa porosidade e irregularidade que combina moi ben coa pedra», expone César, elogiando sus prestaciones.
«O cáñamo é considerado, como o bambú, como un supermaterial, con posibilidades en distintos eidos. Destaca, principalmente, e ao contrario dos materiais convencionais, pola súa pegada de carbono negativa. A produción de cáñamo require menos auga e pesticidas que outros cultivos. Tamén é unha planta de crecemento rápido, que captura grandes cantidades de CO2», continúa. «Como material, o cáñamo garante a durabilidade das obras no tempo. Conta ademais con propiedades térmicas altas debido ás súas calidades illantes e á súa condutividade, con temperaturas reguladas na vivenda todo o día. Pola permeabilidade ao vapor da cal, o aire está en constante renovación. Outras características son o gran illamento acústico e a súa resistencia ao lume», prosigue, no obviando el estigma que aún puede acompañar a este material.
«Aínda que teñen diferentes características, é certo que o cáñamo e a marihuana pertencen á mesma especie, o que fai que aínda perviva sobre o material certos prexuízos. Neste caso, cos dono da casa, cunha maior divulgación e tendo presente a convicción do estudio en empregalo, non houbo fallo», admite el arquitecto, compartiendo también el posible hándicap a la hora de ejecución. «Ao ser un material pouco empregado, hai que dedicarlle un plus de dedicación durante as obras para atender que todas vaian segundo o previsto, pero ao final o esforzo compensa, ao ser unha construción ecolóxica e ao favorecer ao medio ambiente», subraya César, al frente de un despacho que en los últimos tiempos también despuntó con un hotel pasivo en madera y corcho, construido en el concello de O Pino.
«Por agora o cáñamo aínda non ten tanto mercado, por iso é importante dalo a coñecer. Hai que mirar segundo os casos, pero a idea do despacho é seguir empregándoo», avanza satisfecho.