A gran «Feira» de De Ninghures xa está en Santiago: «Na Capitol construímos a nosa casa e, como nas foliadas, deixaremos a porta aberta para ver que pasa»
VIVIR SANTIAGO

O sentimento de colectividade ao que apela o septeto de músicos no seu novo disco trasladarase esta noite á sala, con cinco artistas convidados e unha chea de sorpresas
14 mar 2025 . Actualizado a las 23:48 h.O concerto que dará esta noite De Ninghures na sala Capitol, en Santiago, podería ser considerado como un dos primeiros festivais da tempada. Esta semana, o septeto de músicos anunciaba os nomes dos artistas cos que compartirán escenario durante a velada. Con eles subirán, nalgún momento do espectáculo, o dúo Fillas de Cassandra, o multiinstrumentista Anxo Pintos, Juan de Dios, que é o seu produtor, e os composteláns De Vacas e Ortiga, que, ademais, amenizará o fin de festa cunha pinchada. «Ao final, aínda ven xente», bromea Manu Lucas, guitarra e voz do grupo, cando Aldara Palmeiro, que canta e máis toca o violín, termina coa enumeración. De reunirse todos nalgún tramo da noite, serían dezaseis persoas sobre o escenario. Eles, que prefiren gardar a sorpresa, deixan entrever que pode chegar a ocorrer. Ao final, é o concepto que construiron a redor do seu último disco, Feira.
«Á feira chega xente do rural para ofrecer as súas recolleitas, pero tamén foráneos que achegan outro tipo de produtos. Todo ese mezcladillo, ese encontro cultural, é o que tentamos que fora ou disco», explica o músico, unha reflexión á que ela engade o factor do inesperado: «É un espazo no que hai lugar para todo. Queriamos que estiveras escoitando o disco e que, entre comiñas, poideras esperar calquera cousa». Xogar coa sorpresa é tamén a súa idea para esta noite. A falta dunhas horas para o concerto, non teñen un guion definitivo sobre o que pode ocorrer enrriba do escenario. «Hoxe voltaremos a falar diso e, seguramente, queden cousas polo camiño. A nivel de estudo hai unha base, pero queremos que todo suceda no momento. Na Capitol construímos a nosa casa e, como nas foliadas, a intención é a de deixar a porta aberta para ver que pasa. Non vai subir un artista por canción, se non que será algo mais colaborativo. Imos ter que movernos, como cando hai unha feira, chocando e apartando», desvela Manu Lucas.

O colaborativo é fundamental para comprender a De Ninghures como grupo. Trátase dun conxunto de sete músicos no que, como eles mesmos defenden, ningún ten máis protagonismo que os demáis. «No directo imos rotando para darlle ás pezas matices e cores diferentes. Nunha de gaita, o gaiteiro vai estar diante. Se a seguinte é de pandeireta, a persoa que toque estará non centro. Para a próxima, os intérpretes igual son dous e os de antes trasládanse cara atrás», bosquexa Manu. «Os proxectos que hai agora son algo máis reducidos e, vendo ou que nos custa a nós loxísticamente, é normal. No grupo dámonos apoio entre somos moi amigos, algo que é fundamental para Ninghures. Facer piña é unha cousa que nos caracteriza para ben», engade Aldara. As referencias ao colectivo abundan tamén no aspecto lírico. Esta vez, con figuras que se moven a redor dun baile ou dunha foliada.
Aí está Aquí, canción que abre o disco como unha chamada á unión. «Mira como tocamos dende aquí, a ver se agora por fin che queres unir», cantan. «Está un día feo, sen mais. Chove todo ou día, non parou. Saio do traballo, que estrés. Marcho pra foliada, bailar. Ven bailar», defenden en Poço, o tema que, segundo eles, mellor funciona no directo. A letra de Morena —canción que, de maneira inesperada, converteuse nun hit instantáneo—, repite sistematicamente a seguinte frase: «Para bailar veño eu, para cantar miña irma, para tocar ou pandeiro, viva quen o ten na man». «Compuxémola moito antes de ter o concepto do disco. Foi a primeira vez que traballamos con Juan de Dios e, aínda que ou resto dous temas non xiren ao redor de ela, queriamos que estivera», comenta Aldara. O concepto sobre o que versan, con esa chamada ao gozo e á danza, encaixaba conceptualmente co que terminaría sendo Feira. Con todo, a nivel sonoro, dista do resto. En ningunha das nove cancións restantes faise uso dos elementos electrónicos que explota Morena. Foi un punto de ruptura con respecto ao seu LP anterior, Aquí, cunha sonoridade herdada do tradi máis puro. Morena funcionou, multiplicou os números do grupo e, aínda que a tentación de compoñer un disco con temas que se parecesen a ela estaba aí, foron por outro camiño.
O resultado, Feira, percorre con tensión os espazos en branco que se debuxan entre o orgánico das súas composicións máis sinxelas e os ritmos electrónicos de Morena. Como comentaba Aldara, é un disco no que, coa primeira escoita, non sabes o que pode vir a continuación. A tensión de que poida explotar un bombo a negras convive coa sensación de que, nalgún momento dos trinta minutos de duración, as pulsacións reduciranse. «Hai violín, guitarras, acordeón, frauta traveseira, clarinete, percusión variada, gaita, zanfona e un duduc. A principal novidade é o sintetizador, idea de Juan de Dios para que a parte dúas baixos estivera cuberta. Ímolo rotando e, en función de quen ou toque, soa distintinto. Hai unha decisión de Manu e de Marta, que son os percusionistas, de manter presente tanto os arranxos da electrónica como os da música tradicional. Tocando o violín e a guitarra por enriba, aínda que sexa nun estilo máis pop, queda esa pulsión», explica Manu.
«Juan de Dios foi o oitavo compoñente de De Ninghures. Deixámonos levar moito máis, en parte, grazas a el. Quitounos o medo a mesturar certas cousas ou de probar con sonoridades diferentes», continúa Aldara, que menciona, ademais da raíz tradicional galega, outras rexións do mundo que foron inspiración para Feira. Aí está o norte de África, Latinoamérica ou Europa do Leste, influencias ás que chegan «por internet». «Somos sete mentes pensantes, sete algoritmos que, despois, poñemos en común. Imaxina a sete algoritmos navegando polas súas frikadas. Rematas en mundos nos que dis: "isto mola que flipas, teño que facer algo así"», reflexiona Manu. Está claro que o resultado, veña de onde veña, funciona. «Dá moita rabia ver a de xente que nos escribe polas redes pedindo entradas. Que facemos? Nós non esparabamos esgotar tan rápido», lamenta Aldara. O cartel de sold-out colgárono o día despois de que saíse o disco, algo que relacionan co que, para eles, é o básico: unhas boas cancións. A noite de hoxe na Capitol será o cominzo de algo que, se todo vai ben, farase máis grande. Este verán, haberá De Ninghures para rato.