Patrocinado porPatrocinado por

A Confraría do Grove recibe 187.052 euros que mellorarán as poxas na lonxa

l. castro O GROVE / LA VOZ

SOMOS MAR

MARTINA MISER

19 sep 2024 . Actualizado a las 12:34 h.

A Confraría de Pescadores de San Martiño moderniza os seus equipamentos grazas a unha axuda de 187.052 euros procedente da Consellería do Mar e cofinanciada nun 70 % polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e da Acuicultura e nun 30 % pola comunidade autónoma.

Grazas a esta achega a entidade adquiriu vinte e seis mesas para realizar as subhastas do peixe «en óptimas condicións sanitarias», explican, e construirá tamén unha cámara de conservación de xeo, que permitirá a expedición automática de xeo a través dun caixeiro de autoservicio situado na parte exterior da lonxa de pescadores, «e que funcionará mediante tarxetas RDIF, unha vez que os clientes se dean de alta como compradores na lonxa», aclaran.

Todas estas novidade axilizarán o traballo, a través dun uso eficiente dos recursos, un maior aforro enerxético e mellorar asemade a competitividade da lonxa do Grove.