Patrocinado porPatrocinado por

Profunda dor polo pasamento de Bernardino Graña, o poeta do mar

Aetinape

SOMOS MAR

XOAN CARLOS GIL

23 ene 2025 . Actualizado a las 11:41 h.

A relevancia da obra poética do finado escritor Bernardino Graña e a súa relación coa xente do mar está no cerne da gran admiración que suscitou no colectivo marítimo-pesqueiro, polo que o feito causou unha profunda dor.

A entidade transmite o seu sentimento á súa familia e amigos que o coidaron e estiveron ao seu carón nos momentos difíciles da súa vida, a quen fixo chegar as seguintes palabras: «O mar roxe máis tristeiro porque sabe que un dos seus grandes aliados rematou a súa viaxe. Un peregrinar polo tempo brillante e grandioso que puxo luz nas tebras e nos salseiros dunha Galicia irredenta. Longa vida ao poeta para sempre xamais».

Así, Aetinape une a súa voz á marea de loubanzas que este pasamento suscitou non só nos ámbitos culturais e académicos, senón tamén nos laborais, espazos tan relacionados coa atención de creadores coma Graña, que tanta sensibilidade humana proxectou sobre o mar e as súas xentes.