O histórico presentador da TVG faleceu esta semana aos 67 anos vítima dun cancro co que levaba anos convivindo e o programa «Luar» adícoulle unha sentida homenaxe. Opinións: Superpiñeiro so hai un, por Paco Lodeiro | Orgullo de Piñeiro, por Lucía Pérez
25 ene 2025 . Actualizado a las 14:14 h.«Dicía que había días nubrados, que había días de ventos cruzados, días de chuvia, deses que te empapan e afogan o ánimo e a alma. Pero el sabía que eses días non son máis que un pregón do que vén despois, que son os días de sol e os días de paz e de alegría. Acabamos de rematar un camiño con Xosé Manuel Piñeiro, todos xuntos, pero xa estamos iniciando o seguinte camiño. A partires de agora, cada un de nós vai iniciar un camiño con Xosé, cada un levará no seu corazón, ao seu xeito. Por tanto serán milleiros de camiños, porque el tiña milleiros de parroquianos. Eu estou seguro que todos eses camiños, serán camiños de luz, camiños de paz, de serenidade e de alegría», comezou Xosé Ramón Gayoso nun Luar dedicado a Xosé Manuel Piñeiro, falecido o pasado martes.
Porque el que foi un mestre, utilizou esta aura da Radio e da Televisión de Galicia para ensinarmos que a vida era ese tipo de camiño. O fundamental das viaxes son as as persoas que se coñecen, e ti nesta viaxe, fuches e seguirás sendo fundamental. Querido Xosé Manuel Piñeiro», terminaba Gayoso, cun gran aplauso de todo o público do programa.
Non foi a única homenaxe que lle rendiron os programas máis míticos e populares da TVG. Xusto un día antes, Roberto Vilar tamén lle adicaba o Land Rober desa noite a Xosé Manuel Piñeiro, que xusto fora despedido en Allariz horas antes, a súa vila de nacemento. «Piñeiro era de todos, era de vostedes tamén. Moito do equipo técnico e artístico deste programa estivo con el en Supermartes, desde o principios, e a práctica maioría do equipo deste programa traballou con Piñeiro en Bamboleo, para os que traballamos aquí é un día moi especial porque forma parte da nosa vida profesional», comenzaba Vilar pedindo ao público do programa que se púxese en pé. «A Pi íalle facer ilusión, imos darlle un aplauso pequeniño pero moi especial, todo o equipo técnico teu, ímoscho dar para ti», dicía o presentador, mentras as cámaras enfocaban a parte do equipo moi emocionado. A continuación Roberto Vilar poñía unha gorra amarela e aba pasa á banda do programa que interpretaba a sintonía en directo do Supermartes. «Atento Piñeiro, isto é para ti»
Son días de homenaxes e de moitos sentimentos encontrados nos que o propio Xosé Manuel Piñeiro non quiso esquecerse do seu querido público e mesmo deixou unha mensaxe na súa esquela que podía verse na porta do tanatorio de Allariz onde amigos e familiares acudieron a darlle o último adeus. «Moitas grazas, querida parroquia, por todos estes anos de felicidade!», rezaba a última mensaxe de Piñeiro, Pi, para todo o seu querido público, do que sempre estivo orgulloso e moi pendente.
Xa o dicía el mesmo en setembro do 2019, cando se sentou no Luar para falar da súa enfermidade xunto a Gayoso e anunciar a súa volta. «Porque era unha necesidade para min volver a Luar e dicirlle á parroquia: 'Aquí estou, estou ben!'. do Pasamos bos momentos, e outros non tan bos. Pero podemos cantar, dar alegría; nos momentos duros é esencial. O outro día, unha moza que tiña un cancro de mama dicíame: 'Piñeiro, ti non sabes canto significa que contes o que tes, e que o digas cantando. Dá moita esperanza'».