O director do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) fai balance dos 31 anos que a organización leva ofrecendo os seus servizos. Actualmente máis de 1.400 usuarios botan man del para diferentes proxectos de I+D+i, que se benefician do emprego dos seus sistemas de altas prestacións. Entidades coma MeteoGalicia, por exemplo, melloran as súas previsións meteorolóxicas gracias aos seus sistemas de procesamento de datos. E nos seus equipos de almacenamento, actualmente de 35 petabytes (PB), albergaranse nun periodo de cinco anos mostras de ADN de 400.000 galegos, coas que no futuro poderán identificarse variantes xenéticas de risco e así «previr e anticipar enfermidades». Lois Orosa (Santiago, 1982), detallou algúns dos destacados proxectos en marcha e o traballo do centro aos alumnos do IES Pontepedriña, no que el mesmo estudou, no programa que La Voz realiza en colaboración con Consellería de Educación. «Para nós, que aceptamos proxectos que supoñan avances en investigación, é fundamental contribuir con iniciativas que xa están repercutindo na mellora da calidade de vida dos galegos», sinala Orosa poñendo como exemplo a cada vez máis precisa previsión do tempo que MeteoGalicia pode ofrecer. A cartografía e os mapas detallados da comunidade tamén son datos que dixitalizados e interpretados polas súas computadoras teñen moito valor. «Non só se trata de Sistemas de Información Xeográfica, Augas de Galicia pode monitorizar en tempo real datos hidrográficos evitando o risco de inundacións», ampliou a explicación ao respecto para o alumnado de 4º da ESO do centro de secundaria. A mediados de 2026 o Cesga verá ampliadas as súas instalacións no Campus Sur de Santiago cun novo edificio no polígono compostelano de A Sionlla, que suporá albergar unha nova evolución da súa supercomputadora Finisterrae e contar con máis almacenamento de datos.
El responsable del tratamiento de los datos personales facilitados es La Voz de GaliciaLa Voz de Asturias, S.A., que los tratará con la finalidad de prestarte los servicios solicitados en virtud de la relación contractual, remitirte comunicaciones sobre productos o servicios de La Voz de GaliciaLa Voz de Asturias que puedan ser de tu interés en base al interés legítimo, y remitirte comunicaciones comerciales sobre productos o servicios de terceros basadas en tu consentimiento. Tus datos no serán cedidos a terceros, salvo que la cesión esté amparada en la ejecución de un contrato u obligación legal. Puedes oponerte a envíos de comunicaciones comerciales o gestionar tus preferencias publicitarias haciendo clic aquí.
Preferencias publicitarias
En este apartado puedes indicarnos tus preferencias respecto de comunicaciones comerciales, que podremos realizar por medios electrónicos o por teléfono, en función de los datos que nos hayas facilitado.
Te informamos de que La Voz de GaliciaLa Voz de Asturias podrá enviarte comunicaciones comerciales sobre productos y servicios de La Voz de GaliciaLa Voz de Asturias en base al interés legítimo, salvo que nos manifiestes tu oposición desmarcando la siguiente casilla:
Recibir comunicaciones comerciales de productos y servicios de La Voz de GaliciaLa Voz de Asturias, según mi perfil
Por otro lado, si marcas la siguiente casilla consientes que La Voz de GaliciaLa Voz de Asturias te remita información de productos y servicios de otras empresas (incluyendo de otras sociedades del grupo):
Recibir comunicaciones comerciales de productos y servicios de terceras empresas, según mi perfil
Para más información sobre el tratamiento de tus datos y sobre la forma en que puedes ejercitar tus derechos en materia de protección de datos, consulta nuestra política de privacidad