Pablo Simal e Iria Aldegunde, premios fin de curso do Garaxe Hermético de Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

CEDIDA

As distincións entregaranse na Coruña no marco de Viñetas desde o Atlántico

04 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A gran calidade dos proxectos de fin de curso do ano académico 2021-22 fixo que, segundo explicou onte Kiko da Silva, o claustro de mestres do Garaxe Hermético —Miguel Porto, Fernando Llor, Kohell, Zaida Novoa, Fonso Barreiro e o propio Da Silva— decidisen que o premio de fin de curso o recibisen exaequo Pablo Simal e Iria Aldegunde. Ambos se beneficiarán dun contrato editorial con Retranca Editora, o que lles permitirá a publicación da súa opera prima. De igual xeito, obtiveron mencións de honor, o que permite ter opción a un contrato de edición en galego coa mesma editorial, Gabriel Esteban e Ania Lorena.

Plumas Dourada e Prata

En canto á Pluma Dourada 2021-22, esta recaeu exaequo en Lucía Rodríguez Cid, Ánxel Carramal e Alba Chan Outeda, mentres que Manuel Alejandro Vázquez Búa, Alek Alonso, Aida Donoso e Inés Suárez foron merecedores das correspondentes Plumas de Prata.

Dende O Garaxe Hermético salientaron que a entrega destes galardóns, así como dos premios de fin de curso e títulos de fin de carrera para os alumnos que remataron o terceiro curso na escola profesional de banda deseñada e ilustración de Pontevedra o vindeiro 13 de agosto, sábado, no salón de actos do Kiosko Alfonso no marco do salón de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico 2022 que se celebrará na cidade da Coruña.