O último traballo da cineasta, «Prefiro condenarme», narra a historia real de Sagrario, unha muller maltratada acusada de adulterio que logrou a absolución e impoñerse a unha sociedade que a condenaba
O programa cultural inaugúrase o 31 de xullo coa presentación da antoloxía poética de Margarita Ledo e a mostra de debuxos de Luís Moscardó. Será na Casa da Galería, que busca difundir o legado da escritora e cineasta chairega e promocionar a cultura galega, co lema «cinema, cultura, comunicación»
O presidente da institución, Víctor F. Freixanes, fixo un chamamento a «deseñar un novo horizonte para a lingua, un novo tempo que corrixa erros e abra esperanzas»
É a sexta autora pola que aposta a Real Academia Galega para o 17 de maio. Allea ás modas e correntes, a poeta da Cidade Alta foise demasiado cedo deixando un interrogante e moitos lamentos. Canto nos perdemos desta voz xenuína?