Os enxeñeiros Íñigo Cuíñas e Francisco Javier González visitaron «De 0 a 100», o programa de La Voz en colaboración coa Consellería de Educación, para presentar o asistente virtual Celia e o sistema de localización Digital4Rural, deseñados específicamente para persoas de idade avanzada no centro de investigación atlanTTic de Vigo. Só en Galicia, segundo o INE, hai máis de 700.000 persoas maiores de 65 anos e máis de 100.000 viven soas. Pensando nesa audiencia potencial, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, impulsou o desenvolvemento de dous proxectos que hoxe son xa unha realidade. «Unha das maiores dificultades foi dar precisamente cos usuarios que empregarían as novas aplicacións. Empezamos por aí para que en termos de usabilidade non houbera problemas», sinala Francisco Javier González. González forma parte do equipo de investigadores que creou o asistente conversacional baseado en intelixencia artificial Celia. «A principal diferencia con Alexa ou Ok Google é que máis alá de cumprir ordes, é capaz de entender o que lle dicimos, facéndonos tamén preguntas e creando unha experiencia diferente para cada usuario». É precisamente isto o que permitiu que Celia, tendo en conta que sería usado preferentemente por xente maior, poida detectar mediante unha serie de tests mesmo problemas médicos ou neurodexenerativos. Esta dispoñible nas tendas de aplicacións de Android e iOS e na web celiatecuida.com. Pola súa banda, Íñigo Cuíñas, presentou Digital4Rural, un sistema de localización pensado para entornos rurais. «Mediante o emprego de localizadores pódese saber en todo momento onde están os usuarios, evitando que a xente maior se perda», sinala Cuíñas. O máis importante é que o sistema pode funcionar mesmo nos sitios onde non hai rede móbil e mesmo se a houbera, pero falla, as persoas maiores estarían localizadas. «Funciona con éxito xa en tres parroquias da provincia de Ourense e os maiores gañan independencia ao tempo que os seus familiares están más tranquilos», comenta o enxeñeiro sobre o feedback que están recibindo do proxecto. Os veciños destes núcleos poden ver nunha tablet ou nun móbil onde están os localizadores (se deciden que queren poñelos en funcionamento) creándose así ademais un sentimento de pertenza comunitario no que uns se preocupan polos outros.
El responsable del tratamiento de los datos personales facilitados es La Voz de GaliciaLa Voz de Asturias, S.A., que los tratará con la finalidad de prestarte los servicios solicitados en virtud de la relación contractual, remitirte comunicaciones sobre productos o servicios de La Voz de GaliciaLa Voz de Asturias que puedan ser de tu interés en base al interés legítimo, y remitirte comunicaciones comerciales sobre productos o servicios de terceros basadas en tu consentimiento. Tus datos no serán cedidos a terceros, salvo que la cesión esté amparada en la ejecución de un contrato u obligación legal. Puedes oponerte a envíos de comunicaciones comerciales o gestionar tus preferencias publicitarias haciendo clic aquí.
Preferencias publicitarias
En este apartado puedes indicarnos tus preferencias respecto de comunicaciones comerciales, que podremos realizar por medios electrónicos o por teléfono, en función de los datos que nos hayas facilitado.
Te informamos de que La Voz de GaliciaLa Voz de Asturias podrá enviarte comunicaciones comerciales sobre productos y servicios de La Voz de GaliciaLa Voz de Asturias en base al interés legítimo, salvo que nos manifiestes tu oposición desmarcando la siguiente casilla:
Recibir comunicaciones comerciales de productos y servicios de La Voz de GaliciaLa Voz de Asturias, según mi perfil
Por otro lado, si marcas la siguiente casilla consientes que La Voz de GaliciaLa Voz de Asturias te remita información de productos y servicios de otras empresas (incluyendo de otras sociedades del grupo):
Recibir comunicaciones comerciales de productos y servicios de terceras empresas, según mi perfil
Para más información sobre el tratamiento de tus datos y sobre la forma en que puedes ejercitar tus derechos en materia de protección de datos, consulta nuestra política de privacidad