O director científico do CiTIUS e catedrático en IA visitou o IES Castro da Uz de As Pontes no programa de La Voz en colaboración coa Consellería de Educación. Valora positivamente a chegada de competencia chinesa a unha tecnoloxía clave no futuro: «cantos máis, mellor». Computación de altas prestacións, aprendizaxe automática a partir de datos ou interacción de dispositivos electrónicos son algúns dos campos do coñecemento que se abordan no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) de Santiago de Compostela. Senén Barro, investigador especializado en IA, destaca o potencial que terá a intelixencia artificial no futuro, permitindo delegar nela algunhas funcións que hoxe parecen de ciencia ficción. «Non hai que terlle medo a súa presenza, que será cada vez maior. Leis e regulación axudarán a que a nosa convivencia con ela sexa axeitada». Unha carreira, á da Intelixencia Artificial, na que Galicia xoga entre os mellores e contará cos primeiros titulados no Grao desta materia o vindeiro ano. O catedrático pontés tamén valorou unha das cuestións de actualidade referidas á IA, a chegada do modelo chinés DeepSeek para sumarse a unha competencia na que a estadounidense ChatGPT destacaba case en solitario. «Os investigadores vivímolo con alegría porque supón afastar pantasmas de monopolio. Que con chips menos avanzados acade bos resultados é unha boa noticia porque permite democratizar aínda máis o seu emprego». Barro cre que tamén serve para que Europa, máis atrasada no seu desenvolvemento con respecto a outras rexións, se sume a este desenvolvemento, clave no futuro tecnolóxico: «é máis barato, require menos recursos e non fan falta modelos cada vez máis e máis grandes».
El responsable del tratamiento de los datos personales facilitados es La Voz de GaliciaLa Voz de Asturias, S.A., que los tratará con la finalidad de prestarte los servicios solicitados en virtud de la relación contractual, remitirte comunicaciones sobre productos o servicios de La Voz de GaliciaLa Voz de Asturias que puedan ser de tu interés en base al interés legítimo, y remitirte comunicaciones comerciales sobre productos o servicios de terceros basadas en tu consentimiento. Tus datos no serán cedidos a terceros, salvo que la cesión esté amparada en la ejecución de un contrato u obligación legal. Puedes oponerte a envíos de comunicaciones comerciales o gestionar tus preferencias publicitarias haciendo clic aquí.
Preferencias publicitarias
En este apartado puedes indicarnos tus preferencias respecto de comunicaciones comerciales, que podremos realizar por medios electrónicos o por teléfono, en función de los datos que nos hayas facilitado.
Te informamos de que La Voz de GaliciaLa Voz de Asturias podrá enviarte comunicaciones comerciales sobre productos y servicios de La Voz de GaliciaLa Voz de Asturias en base al interés legítimo, salvo que nos manifiestes tu oposición desmarcando la siguiente casilla:
Recibir comunicaciones comerciales de productos y servicios de La Voz de GaliciaLa Voz de Asturias, según mi perfil
Por otro lado, si marcas la siguiente casilla consientes que La Voz de GaliciaLa Voz de Asturias te remita información de productos y servicios de otras empresas (incluyendo de otras sociedades del grupo):
Recibir comunicaciones comerciales de productos y servicios de terceras empresas, según mi perfil
Para más información sobre el tratamiento de tus datos y sobre la forma en que puedes ejercitar tus derechos en materia de protección de datos, consulta nuestra política de privacidad