Chema Lorenzo: «En Hauss preferimos falar de casa industrializada, non prefabricada»

José María Lorenzo, exalumno do IES Salvador de Madariaga da Coruña, explicoulle a alumnos de bacharelato do centro os segredos da construción de vivendas grazas ao programa de La Voz en colaboración coa consellería de Educación. Foi fundador en 2016 de Hauss Arquitectura Modular, que con sede en Arzúa fai unha decidida aposta polas casas de alta calidade, con procesos implementados en serie nunha fábrica e cumplindo esixentes controis de calidade. «Nós preferimos falar de vivenda industrializada, non prefabricada, porque esa definición ten connotacións negativas que no noso caso non existen», sinala aludindo aos procesos de construción. Precisamente eses procesos, testados e estudados a nivel industrial, eliminan boa parte dos problemas que poden darse precisamente en Galicia por humidade, filtracións ou frío: «a capacidade illante das nosas viviendas e o seu nivel de impermeabilidade é sobresaínte». Esta excelencia provoca que estas casas non sexan máis baratas que as «tradicionais». Tampouco evitan que haxa que cumplir con toda a tramitación e permisos. Pero sí que está asegurado que o cliente non terá imprevistos en ningún momento do proceso, sendo esta a principal vantaxe: «Ti, como se dun coche se tratase, escolles como queres o teu modelo, sendo sempre o noso de gama alta e terás un prezo definitivo cun prazo de instalación na parcela asegurado»

18 ene 2024 . Actualizado a las 05:00 h.