O concello lucense celebra o sábado 15 de abril a V Festa do Porco Celta, coa que espera atraer milleiros de visitantes. Ademais, Friol é un municipio pioneiro na cría deste animal, que estivo ameazado e leva anos recuperándose, xa que unha comunidade de montes emprega un sistema de pastoreo en libertade con todo automatizado.
La Voz de Galicia